20 jun 2012

Educación en valores

Os alumnos e alumnas de 6º curso prepararon a dramatización do libro Orellas de bolboreta coas profesoras Rebeca e Virginia, despois contáronllo aos demais compañeiros do colexio.

Tradutor/a: Manuela Rodríguez
Escritor/a: Luísa Aguilar
Ilustrador: André Neves
Ed. Kalandraka Editora,
2008 | Infantil-Xuvenil

 

-Mara é unha orelluda!
-Mamá, ti cres que son unha orelluda?
-Non filla, tes orellas de bolboreta.
-E como son as orellas de bolboreta?
-Pois son orellas que revoan na cabeza e pintan de cores as cousas feas.

Ter as orellas grandes, o pelo rebelde, ser alto ou baixo, fraco ou regordecho...pode ser motivo de parodia entre uns nenos e outros. Por iso cómpre un libro que lles demostre a todos, tanto aos que dan como aos que reciben algún comentario despectivo, que eses comportamentos son reprobables.
E especialmente aos que son sinalados polos demais, a mensaxe que lles transmite este relato é que convidan en positivo aquilo que para outros sexa motivo de mofa. Porque as características que nos diferencian dos demais hai que poñelas en valor para que nos distingan como seres especiais e únicos. Porque recoñecer e mesmo reivindicar a diferenza fainos fortes, aceptándonos como somos e reforzando a nosa personalidade. É o primeiro paso para aprender a rir dun mesmo...
Luisa Aguilar amosa unha gran sensibilidade neste texto sinxelo e cheo de forza literaria, que transporta o lector a un mundo de formas, cores, emocións e sentimentos. A figura materna destaca como referente vital da protagonista, que contesta a cada comentario dos nenos seguindo as indicacións da súa nai: o que para outros é un defecto, para Mara é unha vantaxe da que os demais carecen.

16 may 2012

Festexamos Os Maios e As Letras Galegas


Na xornada escolar do 15 de maio fixemos moitas actividades:
  • Sesión de Formación de Usuarios na Bibliosoños

  • Vimos a estrea do Vídeo Especial do colexio da canción: "Ai, se eu cho falo"
  • Cantámoslle ao Maio, falamos de Valentín Paz Andrade e cantamos unhas Cantigas Galegas e Ai, se eu cho falo.


19 abr 2012

Xogos populares no colexio

CLICA PARA ENTRAR NA PÁXINA ADICADA A ESTA ACTIVIDADE

XOGOS TRADICIONAIS para a hora do recreo
Estes son os xogos populares que seleccionamos:
 billarda, canicas, laberinto, pano e béisbol.





9 nov 2011

Samaín e Magosto

 O martes, 8 de novembro celebramos 1º o Samaín e despois disfrutamos dun estupendo magosto. Neste enlace podemos ver reportaxe fotográfica destas actividades

26 oct 2011

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR


Neste enlace podemos ver as actividades que fixemos para celebrar o Día da Biblioteca Escolar